Liberdade, xustiza, benestar De conformidade co dereito de autodeterminación, "o
Pobo Galego ten o dereito de definir o seu marco relacional co Estado español e
coa Unión Europea" e "Galiza, na súa condición de nación, intégrase libre e
paccionadamente como Comunidade Autónoma na estructura política plurinacional do
Estado español". O galego é a lingua nacional, e todos os cidadáns galegos temos
a obriga de coñecelo e o dereito de usalo. O castelán, como lingua oficial do
Estado, terá carácter cooficial, e o seu uso e ensino serán garantidos polos
poderes públicos galegos.
